Xoves 25 Abril 2024

Lúa sobre Makemake

Créditos da ilustración: Alex H. Parker (Southwest Research Institute)
Créditos da ilustración: Alex H. Parker (Southwest Research Institute)

Explicación: Makemake, o segundo planeta máis brillante do cinto de Kuiper, ten unha lúa. Alcumada MK2, a lúa de Makemake reflicte a luz solar coa súa superficie negra carbón, unhas 1.300 veces máis tenue có seu planeta. Aínda así, foi descuberta enobservacións do Telescopio Espacial Hubble dirixidas á procura de compañeiros máis febles coa mesma técnica empregada para atopar os satélites pequenos de Plutón. Ao igual que para Plutón e os seus satélites, observations adicionais de Makemake e o seu satélite medirán a masa e densidade do sistema permitindo unha compresión máis ampla dos mundos afastados. O tamaño relativo de MK2, cuns 160 quilómetros de diámetro comparados cos 1.400 de Makemake, e o seu contraste amósanse nesta imaxe artística. Unha escena imaxinada dunha fronteira inexplorada do Sistema Solar, mira cara atrás desde o punto de vista dunha nave espacial mentre un Sol tenue brilla ao longo da Vía Láctea. Como é natural, o Sol está unhas 50 veces máis afastado de Makemake que do planeta Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón