Martes 23 Abril 2024

A Lúa do muíño

Lúa chea
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN).

Explicación: esta brillante Lúa chea, vista desde a illa canaria de Fuerteventura, érguese no solpor. Acadando a súa fase chea na noite do 4/5 de xaneiro, foi a primeira Lúa chea no ano novo e a primeira que segue ao solsticio de decembro. Por suposto, en Norteamérica esta primeira Lúa chea de xaneiro é coñecida coma a Lúa do lobo. Pero esta Lúa chea, que posa no lusco e fusco por riba dunha illa de potentes ventos e muíños tradicionais, suxire outro nome. A imaxe con teleobxectivo, tirada a distancia do muíño de vento do primeiro plano, crea a comparación espectacular no tamaño aparente entre o muíño de vento e a Lúa chea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Canarias activa unha prealerta ao detectar a chegada de ‘pellets’ ao norte de Tenerife

As mostras recollidas analizaranse para confirmar se proceden do buque que provocou a marea de granulados en Galicia

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...