Venres 29 Marzo 2024

Lúa chea na sombra da Terra

Eclipse de Lúa
Créditos da imaxe e copyright: Rolf Olsen.

Explicación: a semana pasada a Lúa chea estivo inmersa por completo na escura sombra umbral da Terra, aínda que só por pouco tempo. A eclipse lunar da fase total do 4 de abril de 2015 durou menos de 5 minutos, a eclipse lunar total máis curta do século. De feito, o norte lunar, esvarando xusto polo interior do bordo setentrional da sombra umbral da Terra, ficou relativamente brillante, mentres un fermoso rango de cores azuis e vermellos emerxían ao través do resto do hemisferio da Terra que apuntaba á Lúa. A luz avermellada dentro da sombra que chega á superficie lunar é filtrada pola atmosfera inferior. Visto desde unha perspectiva lunar, provén desde todos os solpores e menceres ao redor dos bordos da Terra perfilada. Preto do bordo da sombra, a luz máis azul aínda se filtra ao través da atmosfera da Terra, pero se orixina coma raios de luz solar que pasan ao través das capas altas da atmosfera superior. Esa luz é coloreada polo ozono que absorbe a luz vermella e transmite as cores azuis. Nesta vista telescópica definida de totalidade desde Auckland, Nova Zelandia (planeta Terra), o polo norte da Lúa xirouse cara a parte superior do cadro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos