Martes 23 Abril 2024

Lazadas e perlas en NGC 1398

Créditos da imaxe: European Southern Observatory
Créditos da imaxe: European Southern Observatory

Explicación: por que algunhas galaxias espirais teñen un anel ao redor do centro? A galaxia espiral NGC 1398 non só ten un anel perlado de estrelas, gas e po ao redor do seu centro, tamén conta cunha barra de estrelas e gas que atravesa o seu centro e brazos espirais que semellan facer lazadas cara o exterior. A imaxe publicada foi tirada co Telescopio Moi Grande do ESO no Observatorio Paranal de Chile e descrebe esta gran espiral cun detalle impresionante. NGC 1398 está a uns 65 millóns de anos luz de distancia, o que significa que a luz que vemos hoxe abandonou a galaxia cando os dinosaurios estaban a se extinguir na Terra. A fotoxénica galaxia pode verse cun telescopio pequeno cara a constelación do Forno (Fornax). O anel preto do centro probablemente é unha onda de densidade de formación estelar en expansión, provocada ben por un encontro gravitacional con outra galaxia, ben polas propias asimetrías gravitacionais dela mesma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang