Sábado 20 Abril 2024

Lago e ceo luminiscente

copyright: Dave Lane
copyright: Dave Lane

Explicación: por que semella o ceo un ventilador xigante? A luminescencia. O brillo verde intermitente que se amosa parece erguerse desde un lago ao través do arco da nosa galaxia Ví­a Láctea, tal e como se captou o verán pasado preto de Bryce Canyon en Utah (EUA). O estraño deseño foi creado polas ondas de gravidade atmosféricas, ondulacións de presión alterna de aire que poden medrar coa altura mentres o aire rarea, neste caso a uns 90 quilómetros de altura. A diferencia das auroras que son alimentadas por colisións de partí­culas cargadas enerxeticamente e que se observan a latitudes altas, a luminiscencia débese á quimio-luminiscencia, a produción de luz nunha reacción quÃímica. A luminiscencia, que se olla normalmente preto do horizonte, evita que o ceo nocturno sexa completamente escuro.

APOD galego en directo: charla sobre as fotos do ano 2015 en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. Consulta lugar, dí­a e hora.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón