Martes 16 Abril 2024

Home, can, Sol

Créditos da imaxe e copyright: Jens Hackmann
Créditos da imaxe e copyright: Jens Hackmann

Explicación: supúñase que ía ser unha fotografía de tres árbores por diante do solpor. Pero, ás veces, o inesperado vólvese fotoxénico. Durante algunhas fotos programadas, un home camiñando co seu can cruzou de súpeto polo bordo. O resultado foi tan impactante que, despois de axustala, convertiuse na imaxe principal. A razón pola que o Sol aparece tan grande é que a fotografía tirouse desde un quilómetro de distancia mediante un teleobxectivo. A difusió da luz azul pola atmosfera da Terra fai que a parte inferior do Sol semelle lixeiramente máis vermella cá superior. Tamén, se miras de preto ao Sol, xusto por riba da cabeza do home, pode verse un gran grupo de manchas solares. A imaxe tomouse xusto a semana pasada en Bad Mergentheim, (Alemaña).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural