Xoves 25 Abril 2024

HH 666: piar de po en Carina con chorro

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA. Procesado e copyright: Domingo Pestana
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA. Procesado e copyright: Domingo Pestana

Explicación: para algúns pode semellarse a un cortizo que aloxa unha abella diaño. En realidade, a imaxe do Hubble publicada capta un piar cósmico de po, de dous anos luz de lonxitude, no interior do cal está Herbig-Haro 666; unha estrela moza emitindo potentes chorros. A estrutura está dentro dunha das rexións de formación estelar máis grandes da nosa galaxia, a nebulosa Carina, que brilla nos ceos meridionais a unha distancia duns 7500 anos luz. A silueta das capas do piar está formada polos ventos e a radiación das estrelas novas, quentes e masivas de Carina, algunhas das cales aínda se están a forma no interior da nebulosa. Unha vista que penetra no po en luz infravermella é quen de amosar mellos os dous potentes chorros estreitos que son emitidos desde unha estrela infante aínda agochada.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150