Venres 29 Marzo 2024

HCG 87: un pequeno grupo de galaxias

Créditos da imaxe: GMOS-S Commissioning Team, Gemini Observatory
Créditos da imaxe: GMOS-S Commissioning Team, Gemini Observatory.

Explicación: ás veces as galaxias forman grupos. Por exemplo, a nosa propia galaxia Vía Láctea forma parte do Grupo Local de Galaxias. Os grupos compactos e pequenos, coma o grupo compacto Hickson 87 (HCG 87) que se amosa aquí, son interesantes en parte porque se autodestrúen paseniñamente. De feito, as galaxias de HCG 87 están estirándose gravitatoriamente entre elas durante as súas órbitas de 100 millóns de anos ao redor dun centro común. Os tiróns crean gas en colisión que provoca estoupidos brillantes de formación estelar e alimenta a materia do interior dos centros galácticos activos. HCG 87 está formada por unha gran galaxia espiral que está de canto visible preto do centro da imaxe, unha galaxia elíptica que se pode ollar á súa dereita e unha galaxia espiral que se olla preto do alto. A espiral pequena preto do centro podería estar máis afastada ao lonxe. Tamén poden ollarse varias estrelas da nosa galaxia no primeiro plano. O estudo de grupos coma HCG 87 permite albiscar no interior de como se forman e evolucionan todas as galaxias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

As novas fotografías do James Webb amosan unha galaxia anana con maior precisión

O telescopio espacial da Nasa consegue capturar con detalle unha galaxia enana solitaria, a Wolf Lundmark Melotte

O telescopio James Webb revela unha nova imaxe de Xúpiter

O observatorio máis potente da historia inclúe no seu informe de posta en marcha unha serie de fotografías do planeta

Descuberta a galaxia máis grande xamais detectada

Alcyoneus é unha radiogalaxia situada a 3.000 millóns de anos luz de distancia e mide 16,3 millóns de anos luz de largo