Venres 29 Marzo 2024

Gardería estelar en Perseo

Créditos da imaxe e copyright: Agrupació Astronòmica d’Eivissa/Ibiza (AAE), Alberto Prats Rodríguez
Créditos da imaxe e copyright: Agrupació Astronòmica d’Eivissa/Ibiza (AAE), Alberto Prats Rodríguez

Explicación: NGC 1333 óllase en luz visible coma unha nebulosa de reflexión, dominada polas características cores azuis da luz estelar reflectida polo po interestelar. A só 1.000 anos luz de distancia cara a constelación heroica de Perseus, atópase no bordo unha gran nube molecular de formación estelar. Este espectacular primeiro plano abarca unhas dúas lúas cheas do ceo ou xusto uns 15 anos luz á distancia estimada de NGC 1333. Amosa detalles da rexión poeirenta xunto con indicios de emisión vermella que contrasta procedentes de obxectos Herbig-Haro, chorros e gas brillante impactado que emanan das estrelas formadas recentemente. De feito, NGC 1333 contén centos de estrelas de menos dun millón de anos de idade, a maioría aínda agochadas para os telescopios ópticos polo po estelar xeralizado. O contorno caótico pode ser semellante ao que había cando se formou o noso propio Sol hai uns 4,5 mil millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente