Venres 19 Abril 2024

Galaxias peculiares de Arp 273

Créditos da imaxe e copyright: Wolfgang Ries/Stefan Heutz (Astrokooperation)
Créditos da imaxe e copyright: Wolfgang Ries/Stefan Heutz (Astrokooperation)

Explicación: as estrelas con puntas do primeiro plano deste definido retrato cósmico están ben dentro da nosa propia galaxia Vía Láctea. As dúas rechamantes galaxias atópanse moi afastadas da Vía Láctea, a unha distancia duns 300 millóns de anos luz. A súa aparencia retorta débese ás mareas gravitatorias mentres a parella se envolve en encontros achegados. As galaxias, catalogadas coma Arp 273 (tamén coma UGC 1810), semellan peculiares, pero agora se sabe que as galaxias en interacción son comúns no universo. De feito, sabemos que a gran espiral veciña galaxia Andrómeda está a uns 2 millóns de anos luz de distancia e achegándose á Vía Láctea. Arp 273 pode ofertar algo parecido no seu encontro no futuro afastado. Os repetidos encontros galácticos nunha escala temporal cósmica poden resultar ao final nunha fusión nunha soa galaxia de estrelas. Desde a nosa perspectiva, os núcleos brillantes das galaxias Arp 273 están afastados só un pouco a uns 100.000 anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang