Galaxias en Pegasus

Galaxias en Pegasus
Créditos da imaxe e copyright: Alessandro Benedetti e Daniele Ceniti (AeW Observatory).

Explicación: esta ampla e definida imaxe telescópica desvela galaxias esparexidas máis alá das estrelas e as débiles nebulosas de po da Vía Láctea no bordo setentrional da constelación de altos voos Pegasus. Destacando na parte superior dereita está NGC 7331. A tan só 50 millóns de anos luz de distancia, a gran espiral é unha das galaxias máis brillantes que non se inclúe no famoso catálogo do século XVIII de Charles Messier. O gupo de galaxias de aspecto distorsionado na parte inferior esquerda é máis coñecido coma o Quinteto de Stephan. A uns 300 millóns de anos luz de distancia, o quinteto ilustra espectacularmente unha colisión galáctica múltiple coas as súas potentes interaccións en curso, posando para unha breve instantánea cósmica. No ceo, o quinteto e NGC 7331 están afastados por medio grao aproximadamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.