Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de América, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de América, TWAN)

Galaxias dende o altiplano

Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de América, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de América, TWAN)

Explicación: o vulto central da nosa Vía Láctea érguese sobre o altiplano de Atacama, ao norte de Chile, nesta postal do planeta Terra. A unha altitude de 4.500 metros, a beleza estraña da desolada paisaxe case podería pertencer a outro mundo. O terreo tinguido de amarelo e vermello amarronado atópase ao longo das praias lisas de sal abrancuzada da rexión do Salar de Aguas Calientes. Ao lonxe, xunto á fronteira coa Arxentina, está o estratovolcán Lastarria, co seu cumio a 5.700 metros. No ceo claro e escuro de enriba, as estrelas, as nebulosas e as nubes de po cósmico da Vía Láctea fanse eco das cores do altiplano pola noite. Espallando a vista polo espazo extragaláctico, as Nubes de Magallanes Grande e Pequena, galaxias satélite da Vía Láctea, brillan preto do horizonte ao través dunha feble luminescencia verde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.