Xoves 28 Marzo 2024

Filamentos da galaxia activa NGC 1275

Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, ESA, NASA; Procesado e copyright: Domingo Pestana
Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, ESA, NASA; Procesado e copyright: Domingo Pestana

Explicación: que mantén estes filamentos unidos á esta galaxia? Os filamentos persisten en NGC 1275 aínda que a lea das colisións galácticas debera destruílos. Primeiro, a galaxia activa NGC 1275 é o membro central e dominante do grande e relativamente achegado cúmulo de galaxia Perseus. De aspecto salvaxe en lonxitudes de onda do visible, a galaxia activa tamén é unha fonte prodixiosa de emisión de raios X e radio. NGC 1275 acumula materia cando as galaxias enteiras caen ao seu interior, alimentando ao fin ao burato negro supermasivo do núcleo galáctico. Esta imaxe composta, recreada a partires de datos de arquivo do Telescopio Espacial Hubble, salienta os refugallos galácticos resultantes mailos filamentos de gas brillante, algúns de ata 20.000 anos luz de lonxitude. As observacións indican que as estruturas, botadas desde o centro da galaxia pola actividade do burato negro, mantéñense xuntas polos campos magnéticosNGC 1275, coñecida tamén coma Perseus A, abrangue uns 100.000 anos luz e atópase a uns 230 millóns de anos luz de distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente