A galaxia Hamburguesa

Créditos a imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm
Créditos a imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm
Créditos a imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm
Créditos a imaxe e copyright: Eric Coles e Mel Helm

Explicación: non, as hamburguesas non son tan grandes. O que se fotografou é unha definida imaxe telescópica da magnífica galaxia espiral de canto NGC 3628 que amosa un disco galáctico difuso dividido por carreiros escuros de po. Por suposto, este fondo retrato galáctico fai matinar a moitos astrónomos no seu alcume popular, a galaxia Hamburguesa. O espectacular universo illa ten uns 100.000 anos luz de diámetro e está a 35 millóns de anos luz de distancia na constelación setentrional, da tempada da primavera, de Leo. NGC 3628 comparte a súa veciñanza no Universo local cou outras dúas grandes espirais M65 e M66 nun agrupamento coñecido tamén coma o Triplete de Leo. As interaccións gravitacionais cos seus veciños cósmicos probablemente son responsables do seu gran resplandor e a torsión deste disco espiral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.