Martes 16 Abril 2024

A galaxia espiral NGC 6744

Créditos da imaxe e copyright: Daniel Verschatse
Créditos da imaxe e copyright: Daniel Verschatse

Explicación: a grande e fermosa galaxia espiral NGC 6744 ten case 175 000 anos luz de diámetro, máis grande cá nosa propia Vía Láctea. Atópase a uns 30 millóns de anos luz de distancia na constelación meridional do Pavo, aparecendo coma un obxecto estenso e tenue en telescopios pequenos. Vemos o disco do achegado universo illa inclinándose cara a nosa liña de visión. Este retrato galáctico, ben claro e detallado, cobre unha área do tamaño angular aproximado da lúa chea. Nel, o núcleo amarelado do xigante galáctico está dominado pola luz das estrelas vellas e frías. Máis alá do núcleo, os brazos espirais cheos de cúmulos estrelas azuis e noviñas e as rexións de formación estelar rosadas esténdense máis alá dunha galaxia satélite máis pequena na parte inferior esquerda, unha reminiscencia da Gran Nube de Magallaes, galaxia satélite da Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang