Galaxia espiral en colisión

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; Procesado e copyright Domingo Pestana
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; Procesado e copyright Domingo Pestana

Explicación: esta galaxia está a ter un mal milenio. De feito, nos pasados 100 millóns de anos non foron moi bos, e probablemente o vindeiro milleiro de millóns de anos máis ou menos serán bastante tumultuosos. NGC 4038, que se ve cara a parte inferior dereita, era unha galaxia espiral normal, ocupada nas súas cousas, ata que NGC 4039, na parte superior esquerda, bateu nela. Aparecen aquí os refugallos en evolución, ben coñecidos coma as Antenas. Cando a gravidade reestrutura cada galaxia, as nubes de gas baten unha contra outra, os nós azuis e brillantes de estrelas fórmanse, as estrelas masivas creánse e estouran e espállanse filamentos marrón de po. Ao final as dúas galaxias converxerán nunha galaxia espiral máis grande. Tales colisións non son estrañas, e incluso a nosa propia galaxia Vía Láctea sufriu varias no pasado e está predito que colidirá coa nosa veciña galaxia Andrómeda nuns poucos milleiros de millóns de anos. Os fotogramas que compoñen esta imaxe foron tiradas polo Telescopio Espacial Hubble en órbita por astrónomos profesionais para comprender mellor as colisións galácticas. Esta imaxes, e moitas outras de ceo fondo do Hubble, xa se fixeran públicas antes, permitindo que os amadores interesados as descarguen e procesen para, por exemplo, formar esta composición visualmente espectacular.

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.