Xoves 25 Abril 2024

Galaxia de estoupido estelar Messier 94

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA.
Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA.

Explicación: un fermoso universo illa, Messier 94, atópase a uns simples 15 millóns de anos luz de distancia na constelación setentrional dos cans de caza, Canes Venatici. A galaxia espiral que ollamos de cara, un obxectivo popular para os astrónomos terrestres, ten uns 30.000 anos luz de diámetro, cos brazos espirais espallándose ao través dosexteriores do seu amplo disco. Pero este campo de visión do Telescopio Espacial Hubbleabarca uns 7.000 anos luz máis ou menos ao través da zona central de M94. O definido primeiro plano examina o núcleo da galaxia, compacto e brillante, e os destacados corredores internos de po, arrodeados por un espectacular anel azulado de estrelas novas e masivas. As estrelas masivas do anel probablemente teñen menos de 10 millóns de anos luz, o que indica que a galaxia experimentou unha era ben definida de rápida formación estelar. Coma resultado, mentres o pequeno e brillante núcleo é típico da claseSeyfert de galaxias activas, M94 tamén é coñecida coma unha galaxia de estoupido estelar. Debido a que M94 está relativamente achegada, os astrónomos poden explorar polo miúdo as razóns do estoupido de formación estelar da galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

Identificado o risco de miocardiopatía dilatada nos portadores xenéticos

O estudo liderado polo investigador Pablo García-Pavía analiza as posibilidades de herdanza da enfermidade en familiares

O río Lagares, o máis contaminante de Galicia: arrastra 13 toneladas de plástico ao mar

A organización The Ocean Cleanup deseñou un mapa interactivo mundial dos 1.000 cursos de auga que máis residuos depositan nos océanos

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite