Venres 29 Marzo 2024

Galaxia de anel polar NGC 660

Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team. Procesado: Johannes Schedler
Créditos da imaxe e copyright: CHART32 Team. Procesado: Johannes Schedler

Explicación: NGC 660 preséntase nesta instantánea cósmica. A uns 40 millóns de anos luz de distancia e nadando no interior dos límites da constelación Pisces, a aparencia peculiar de NGC 660 caracterízaa como unha galaxia de anel polar. As galaxias de anel polar, unha familia estraña, teñen unha poboación importante de estrelas, gas e po a orbitar en aneis moi inclinados con respecto ao disco galáctico. A configuración un tanto estrafalaria ben puidera ter sido provocada por unha captura casual de material dunha galaxia que atravesou outra galaxia de disco, ficando os restos atrapados e pendurados nun disco rotatorio. A violenta interacción gravitacional explicaría a miríada de rexións rosadas de formación estelar ao longo do anel de NGC 660. A compoñente de anel polar tamén se pode empregar para explorar a forma do halo de materia escura da galaxia, que doutro xeito estaría agochado, ao calcular a influencia gravitacional desa materia escura na rotación do anel mailo disco. O anel de NGC 660, máis amplo có disco, abarca uns 50.000 anos luz.

APOD en vivo: charliña sobre as fotos do ano 2016 en Vigo e Pontevedra. En Ourense e na Coruña xa foron.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites