Xoves 28 Marzo 2024

Flash verde na saída da Lúa

Flash verde na saída da Lúa
Créditos da imaxe e copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias).

Explicación: segue un solpor nun día despexado contra un horizonte afastado e poida que albisques un flash verde xusto cando o Sol desaparece, a luz solar refractada brevemente sobre unha longa liña de visión ao través das capas atmosféricas. Tamén se pode descubrir un flash verde no mencer. Aínda que localizar o lugar e intre exactos para mirar o Sol despuntar sobre o horizonte é un pouco máis difícil, e pode resultar complicado incluso capturar un relanzo verde procedente dunha Lúa saíndo aínda máis tenue. Pero as instantáneas ben planificadas gravaron o flash verde no bordo superior da Lúa Chea o 2 de xuño, desde o Observatorio Roque de los Muchachos na illa canaria de La Palma. Ollando un pouco ao sur rumbo leste, esta imaxe con gran teleobxectivo descobre á Lúa saíndo sobre as montañas e un mar de nubes. No perfil da luz solar están o cumio das cúpulas do telescopio do Observatorio do Teide na illa de Tenerife, a uns 143 quilómetros de distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canarias activa unha prealerta ao detectar a chegada de ‘pellets’ ao norte de Tenerife

As mostras recollidas analizaranse para confirmar se proceden do buque que provocou a marea de granulados en Galicia

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares

Superlúa azul: cando ver o fenómeno que non se repetirá ata 2037

O 31 de agosto poderase observar a segunda lúa chea do mes que, ademais, será lixeiramente máis grande e brillante do habitual