
Explicación: En certas datas de febreiro, pode ollarse unha fuxidía fervenza de lume ao solpor no Parque Nacional Yosemite, cando a meteoroloxía acompaña e a dirección do Sol poñéndose é xusto a necearia. Fotografado a miúdo desde os privilexiados lugares inferiores, no momendo axeitado a fervenza estacional Horsetail (“cola de cabalo”) do parque aparece illada nas sombras das paredes pinas do Capitán pero aínda alumeado polos raios do luar reflectidos polas rocas caídas e inclinadas directamente por tras do fluxo, dándolle brevemente á fervenza un espectacular aspecto fogoso.