Créditos da imaxe: Science Office, ESAExplicación: Como sería voar ao redor dun núcleo cometario? Para averigualo, so tes que agardar a que o teu
navegador compatible con WebGL cargue un
modelo dixital polo miúdo do cometa 67P e despois: explora! Cun
rato normal, o botón esquerdo permite rotar o cometa, o botón dereito permite moverte ao redor
do cometa e a roda central permite amplialo. A
nave espacial automática Rosetta da ESA orbitou ao
cometa C67/P Churyumov-Gerasimenko desde mediados de 2014 ata o venres pasado, cando despois dunha
misión notable e exitosa,
deixouse caer de xeito intencionado sobre a
superficie e apagouse. Entre outros
logros científicos relevantes, a
Rosetta permitiu á humanidade mellorar a comprensión de onde se forman os
chorros cometarios dos cometas mentres se
achegan ao Sol.
VOLVE AstroGalicia16: a festa galega das estrelas. Do 7 ao 9 de outubro en Castrelo de Miño.
Ciencia transparente: navega polos máis de 1.350 códigos da Astrophysics Source Code Library