Evento mutuo entre Ío e Calixto

Ío e Calixto
Créditos da ilustración e copyright: Marco Guidi.
Explicación: esta intrigante serie de fotogramas telescópicos, unha secuencia de 24 minutos desde o cumio ata o fondo, rastrexa a ocultación de Ío por Calixto, dúas das lúas galileanas de Xúpiter, desde San Pietro Polesine (Italia), planeta Terra. Un proxecto observacional desafiador empregando un telescopio pequeno, xa que os dous mundos xovianos, moi diferentes entre si, son ámbolos dous lixeiramente máis grandes ca Lúa da Terra. En realidade, o brillante e volcánico Ío e o escuro e cheo de cráteres Calixto teñen uns 3.640 e 4.820 quilómetros de diámetro respectivamente. Coa propia Terra cruzando agora preto do plano orbital das lúas de Xúpiter, os astrónomos están a gozar unha estación de eventos mutuos das lúas galileanas que van das eclipses ás ocultacións. A serie de cruces do plano orbital produce unha tempada de eventos mutuos cada 5 ou 6 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.