Eta Carinae e a nebulosa Homunculus en expansión

Eta Carinae e a nebulosa Homunculus en expansión
Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA; procesado e copyright: First Light, J. L. Dauvergne, P. Henarejos.

Explicación: como creou o sistema estelar Eta Carinae esta estraña nebulosa en expansión? Ninguén o sabe de certo. Hai uns 170 anos, o sistema estelar meridional Eta Carinae (Eta Car) converteuse misteriosamente no segundo sistema estelar máis brillante do ceo nocturno. Vinte anos máis tarde, despois de expulsar máis masa co noso Sol, Eta Car acougou inesperadamente. En calquera caso, este estoupido parece ter creado a nebulosa Homunculus. A animación de tres fotogramas amosa imaxes da nebulosa tiradas polo Telescopio Espacial Hubble en 1995, 2001 e 2008. O centro da nebulosa Homonculus é alumeado pola luz que procede da brillante estrela central, mentres que as rexións que a arrodean son lobos de gas en expansión amalloados con filamentos de po escuro. Os chorros que cortan en dous os lobos emanan das estrelas centrais. Os refugallos en expansión inclúen vibrisas a cachón e arcos de ondas de choque provocadas por colisións con material que xa existía previamente. Eta Car aínda sofre estouridos de súpeto, e a súa masa e volatilidade elevadas fan dela unha candidata a explosionar nunha supernova espectacular nalgún momento dos vindeiros millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.