Estrelas e piares de po en NGC 7822 desde o WISE

Nebulosa NGC 7822
Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci.

Explicación: estrelas novas e quentes e piares cósmicos de gas e po parecen ateigar o interior de NGC 7822. No bordo dunha xigantesca nube molecular cara a constelación setentrional Cepheus, esta brillante rexión de formación estelar atópase a uns 3.000 anos luz de distancia. Dentro da nebulosa, os bordos brillantes e as esculturas complexas de po dominan esta detallada paisaxe celeste tirada en luz infravermella polo satélite Wide Field Infrared Survey Explorer (WISE ou Explorador de Sondaxes Infravermellas de Campo Amplo) da NASA. A emisión atómica polo gas do cúmulo está alimentada pola potente radiación procedente das estrelas quentes, con luz e ventos poderosos que tamén esculpen e erosionan as formas dos densos piares. As estrelas aínda poderían estar a formarse no interior dos piares por colapso gravitatorio, pero mentres estes se erosionan, calquera estrela en formación verá ao final como se esgota a súa provisión de substancia estelar. Este campo abarca uns 40 anos luz á distancia que se lle estima a NGC 7822.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.