Créditos da imaxe: NASA, JSC, ESRS
Créditos da imaxe: NASA, JSC, ESRS

Estación espacial, planeta e galaxia

Créditos da imaxe: NASA, JSC, ESRS
Créditos da imaxe: NASA, JSC, ESRS

Explicación: se deras a volta á Terra a bordo da Estación Espacial Internacional, que poderías ver? Unhas vistas abraiantes, como as que se captaron nesta impresionante imaxe de mediados de 2015. O primeiro que se pode ollar na parte superior son partes da propia estación espacial, incluíndo paneis solares. Xusto por baixo da estación está a banda da nosa galaxia Vía Láctea, que brilla pola luz combinada de milleiros de millóns de estrelas, pero amortecidas en manchas polos filamentos de po escuro. A franxa de luz vermella xusto por baixo da Vía Láctea é a luminescencia; a atmosfera da Terra excitada polo Sol que brilla en cores específicas de luz. A luminescencia verde pode ollarse por baixo da vermella. Por suposto, aí está a nosa Terra baixo o seu aire, co terminador entre o día e a noite visible preto do horizonte. As nubes puntean o planeta, ollándose a iluminación procedente dun lóstrego brillante cara a parte inferior dereita. Entre as asignacións de tarefas, astronautas de todo o mundo teñen gozado de vistas coma esta desde a estación espacial desde o ano 2000.

Charla: APOD da NASA 2016, un ano de astronomía en galego. Sábado 21 de xaneiro de 2017 en Ourense, no Ateneo (Av. Habana, 25), ás 20:00 horas. Muncyt da Coruña, xoves 16 de febreiro ás 19:30.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.