Espindo á galaxia

NASA, ESA, CXC
NASA, ESA, CXC

NASA, ESA, CXC
NASA, ESA, CXC

Explicacióna galaxia espiral ESO 137-001 vai a lume de carozo ao través do masivocúmulo galáctico Abell 3627 a uns 220 millóns de anos luz de distancia. A afastada galaxia óllase nesta colorida imaxe composta dos telescopios Hubble/Chandra ao través de estrelas da Vía Láctea en primeiro plano, mirando cara a constelación meridional de Triangulum Australe. Mentres a espiral acelera a uns 7 millóns de quilómetros por hora, o seu gas e po son arrincados cando a presión de empurre do medio intracumular, tenue e quente, do propio cúmulo supera á gravidade da galaxia. Nos datos de luz visible do Hubble son evidentes os cúmulos estelares brillantes que se formaron no material arrincado ao longo dos raios curtos e azuis que vai deixando. Os datos de raios X do Chandra salientan a enorme estensión do gas arricado e quecido coma ronseis azuis máis escuros e difusos, que se estiran uns 400.000 anos luz cara o fondo á dereita. A significativa perda de po e gas van dificultar a formación estelar desta galaxia. Unhagalaxia elíptica amarelada, que carece de gas e po para a formación estelar, está xusto á dereita de ESO 137-001 no cadro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.