Espectro alumeando a cámara lenta

espectros atmoféricos

Créditos do vídeo: H. H. C. Stenbaek-Nielsen (U. Alaska, Fairbanks), DARPA, NSF
Explicación: que fai que o espectro alumee? Os misteriosos estoupidos de luz no ceo, que por un intre lembran a unha augamar xigante, graváronse durante uns 25 anos, pero a súa orixe aínda fica descoñecida. Algunhas tormentas os teñen; a maioría non. Porén, recentemente os vídeos de alta velocidade son o mellor para detallar como se desenvolven realmente os espectros. O vídeo amosado é abondo rápido, a uns 10.000 fotogramas por segundo, para resolver temporalmente varias “bombas” de espectro pingando e desenvolvéndose en correntes de moitas puntas que aparecen nas instantáneas. Desafortunadamente, as pistas visuais proporcionadas por estes vídeos non resolven por completo o misterio da orixe do espectro. Aínda que, como indican algúns investigadores, probablemente eses espectros teñan máis probabilidade de ocorrer cando hai irregularidades de plasma na parte superior da atmosfera.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.