Créditos do vídeo: NASA/Goddard/SDO AIA TeamExplicación: unha das visións astronómicas máis espectaculares é unha prominencia solar. En 2011, a sonda espacial que orbita ao Sol
Solar Dynamic Observatory da NASA fotografou unha
prominencia impresionantemente grande entrando en erupción desde a superficie. A
espectacular explosión foi captada en luz ultravioleta no
vídeo secuencia superior que cobre 90 minutos, onde se tirou un
novo fotograma cada 24 segundos. A escala da prominencia é enorme; toda a
Terra encaixaría facilmente baixo a
cortina flotante de gas quente. Unha
prominencia solar é canalizada e ás veces pendurada por riba da superficie solar polo
campo magnético do Sol. Unha
prominencia inmóbil dura normalmente un mes aproximadamente, e pode entrar en erupción nunha
Exección de Masa Coronal (CME)
expulsando gas quente ao interior do
Sistema Solar. O mecanismo de enerxía que crea unha
prominencia solar aínda é tema de
investigación. Mentres o Sol pasa o
máximo solar, agárdese que a
actividade solar como as
prominencias eruptivas se fagan menos comúns durante os vindeiros anos.