Xoves 28 Marzo 2024

Entrada número 1 do catálogo

Créditos da imaxe e copyright: Bernhard Hubl (CEDIC)
Créditos da imaxe e copyright: Bernhard Hubl (CEDIC)

Explicación: toda viaxe ten un primeiro paso e todo catálogo ten unha primeira entrada. Nestes paneis aparecen as primeiras entradas de seis catálogos famosos de ceo fondo, desde arriba á esquerda ata abaixo á dereita en orde cronolóxica de publicación. Do 1774, a entrada número 1 do catálogo de Charles Messier é M1, o famoso crustáceo cósmico e remanente de supernova da nebulosa do Cangrexo. O (non tan novo) Novo Catálogo Xeral de J.L.E. Dreyer publicouse en 1888. Unha galaxia espiral en Pegaso é o seu NGC 1 no centro do seguinte panel. Xusto por baixo no recadro está outra galaxia espiral catalogada coma NGC 2. Porén, no seguinte Catálogo Índice de Dreyer (seguinte panel), IC 1 é realmente unha estrela dobre feble. Agora recoñecido coma parte do complexo de nubes moleculares de Perseo, a nebulosa escura Barnard 1 comeza a fileira inferior desde as Marcas Escuras do Ceo, un catálogo de 1919 obra de E.E. Barnard. Abell 1 é un cúmulo galáctico afastado en Pegaso, do catálogo de 1958 de George Abell de Cúmulos Ricos de Galaxias. O panel fiinal céntrase en vdB 1, do estudio de 1966 de van den Bergh’s desde Sidney. A fermosa e azul nebulosa de reflexión galáctica atópase na constelación Casiopea.

Hoxe en Ceos Galegos publicamos homenaxe a Stephen Hawking.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente