
Explicación: Encélado, un do mundos máis engaiolantes do noso Sistema Solar, aparece alumeado por detrás polo Sol nesta imaxe da sonda Cassini do 1 de novembro de 2009. A espectacular iluminación desvela os penachos que continuamente expulsa ao espazo desde o polo sur a lúa de Saturno de 500 quilómetros de diámetro. Descubertos pola Cassini en 2005, probablemente os penachos xeados están conectados a un océano por baixo da capa de xeo de Encélado. Fornecen de material directamente ao tenue anel E, o máis externo de Saturno, facendo a superficie de Encélado tan reflectiva coma a neve. Cruzando a escena, os aneis xeados de Saturn esparexen a luz solar cara as cámaras da Cassini. Máis alá dos aneis, aparece alumeada feblemente pola luz saturniana a parte nocturna da lúa Pandora, de 80 quilómetros de diámetro.