Xoves 28 Marzo 2024

Emerxe o cometa Catalina

Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich

Explicación: o cometa Catalina está listo para o seu máximo achegamento. A bóla de neve xigante procedente do Sistema Solar exterior, coñecido formalmente coma C/2013 US10 (Catalina), arrodeou o Sol o mes pasado e agora está a dirixirse cara o seu achegamento máis próximo á Terra en xaneiro. Agora, co brillo da Lúa fóra do seu camiño, os observadores matutinos do hemisferio setentrional da Terra están acadando a súa mellor vista do novo cometa. E o cometa Catalina non está a decepcionar. Aínda que non tan brillante coma as primeiras predicións, o cometa está a amosar ámbalas dúas colas, de po (parte inferior esquerda) e iónica (arriba á dereita), converténdoo nun obxecto impresionante para prismáticos e cámaras de longa exposición. A imaxe publicada foi tomada a semana pasada desde as illas Canarias, preto da costa noroeste de África. Os afeccionados ao ceo de todo o mundo seguramente estarán a perseguir o cometa durante os vindeiros meses para ollar como evoluciona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Canarias activa unha prealerta ao detectar a chegada de ‘pellets’ ao norte de Tenerife

As mostras recollidas analizaranse para confirmar se proceden do buque que provocou a marea de granulados en Galicia

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites