Eclipse á saída da Lúa

Eclipse de Lúa en Chongqing, China
Créditos da imaxe e copyright: Zhou Yannan.

Explicación: mentres a Lúa saía e o Sol se puña o 8 de outubro, unha eclipse lunar estaba a desenvolverse e podía ollarse desde Chongqing, China. A Lúa, mentres saía, perfilada coma unha raia ao través desta composición de varias exposicións, comezaba a ser un disco avermellado escuro nunha eclipse total preto do horizonte leste. Rubindo paseniñamente por riba das luces coloridas da poboada cidade ao longo do río Yangtze, o carreiro lunar faise máis brillante e ancho, ata que unha Lúa chea brillante emerxeu desde a sombra da Terra nos ceos nocturnos. Aínda que as eclipses lunares non sempre son totais, esta eclipse, xunto coa eclipse lunar do pasado abril, foron os dous primeiros de catros eclipses lunares totais consecutivos, unha serie coñecida coma unha tétrade. As dúas eclipses finais desta tétrade ocorrerán a comezos de abril e finais de setembro de 2015.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.