Eclipse na posta da Lúa

Eclipse Lúa
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Las Campanas Observatory, Carnegie Institution).

Explicación: a costa chilena do Océano Pacífico atópase por baixo deste mar de nubes. Por riba, á vista entre as cores sutís do ceo previo ao mencer, está a desenvolverse unha eclipse lunar, facéndose aos poucos máis escura a Lúa parcialmente eclipsada. O bordo curvo da sombra do planeta Terra aínda atravesa a metade do disco lunar mentres a Lúa se afunde cada vez máis, cara o horizonte occidental. De feito, desde esta localización do hemisferio meridional así como desde gran parte do leste de Norteamérica, a Lúa mergullouse completamente na sombra da Terra, comezando preto do momento da posta da Lúa e o mencer do 8 de outubro. Desde o extremo oeste, a fase total puido seguirse aínda por case unha hora, coa Lúa avermellada e máis escura aínda arriba no ceo nocturno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.