Eclipse de equinoccio setentrional

Eclipse de equinoccio setentrional

Eclipse de equinoccio setentrional
Créditos da imaxe e copyright: Stan Honda.

Explicación: neve e frío é o parte meteorolóxico que poderías agardar no comezo da primavera para o arquipélago ártico de Svalbard, Noruega. Pero convertiuse en bo tempo para ollar a carreira da sombra umbral da Lúa ao través do norte do planeta Terra. A zona estivo mergullada na escuridade durante 3 minutos durante a eclipse solar total do 20 de marzo mentres os cazadores insulares de eclipses presenciaron un Sol escuro no ceo frío e claro. Nesta instantánea ben programada tomada preto do final da totalidade, a sombra da Lúa varría o horizonte e a coroa solar se atenuaba mentres o disco lunar comezaba a descubrir o Sol. Os raios directos de luz solar, fluíndo polo bordo da Lúa, crean a aparición efémera dun anel de diamantes brillantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.