Venres 29 Marzo 2024

Dúas horas antes de Neptuno

Neptuno
Créditos da imaxe: Voyager 2, NASA

Explicación: dúas horas antes do seu achegamento máis próximo a Neptuno en 1989, a sonda espacial automática Voyager 2 tomou esta fotografía. Por primeira vez foron claramente visibles as grandes nubes de tipo cirrus e cor clara flotando no alto da atmosfera de Neptuno. Incluso poden ollarse as sombras destas nubes sobre a cuberta de nubes inferiores. A maior parte da atmosfera de Neptuno está composta de hidróxeno e helio, que é invisible. Por tanto, a cor azul de Neptuno vén das cantidades máis pequenas de metano atmosférico, que absorbe de xeito preferente a luz vermella. Neptuno ten os ventos máis rápidos do Sistema Solar, con refachos que acadan os 2 000 quilómetros por hora. Especúlase sobre se poden crearse diamantes nas condicións de calor e densidade que existen baixo as nubes altas de Urano e Neptuno. Vinte e seis anos máis tarde, a New Horizons da NASA está a piques de ser a primeira sonda espacial en pasar a fume de carozo por Plutón este mes de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente