Dous buratos negros bailando en 3C 75

3c75_chandraNRAO_576
Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXC/D. Hudson, T.Reiprich et al. (AIfA); Radio: NRAO/VLA/ NRL.

Explicación: que está a acontecer no centro da galaxia activa 3C 75? As dúas fontes brillantes do centro desta composición de raios X (azul)/radio (rosa) son buratos negros supermasivos que se orbitan mutuamente e alimentan a xigante fonte de radio 3C 75. Arrodeados por gas que emite raios X a moitos millóns de graos e cuspindo chorros de partículas relativistas, os buratos negros supermasivos están afastados por 25.000 anos luz. Nos núcleos das dúas galaxias en fusión do cúmulo galáctico Abell 400 están a uns 300 millóns de anos luz de distancia. Os astrónomos conclúen que estes dous buratos negros supermasivos están unidos pola gravidade nun sistema binario en parte porque a aparencia consistente dos chorros cara atrás probablemente se deba ao seu movemento común mentres aceleran ao través do cúmulo de gas quente a 1.200 quilómetros por segundo. Pénsase que tales espectaculares fusións cósmicas son comúns nos ateigados contornos dos cúmulos galácticos do Universo afastado. Agárdase nos seus estadíos finais as fusións sexan fontes potentes de ondas gravitacionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.