Venres 29 Marzo 2024

Desvelados cráteres escuros e manchas brillantes no asteroide Ceres

Asteroide Ceres
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA.

Explicación: que son esas manchas brillantes do asteroide Ceres? Mentres a nave espacial automática Dawn se achega ao asteroide máis grande do cinto de asteroides, o crebacabezas aumenta. As novas fotografías máis definidas tiradas a semana pasada e publicadas onte indican, tal e como se agardaba, que a maior parte da superficie do planeta anano Ceres é escuro e cheo de cráteres coma a nosa Lúa ou o planeta Mercurio. Porén, as imaxes novas non indican con claridade a natureza das manchas máis brillantes (en comparación); aínda que se observa que hai máis delas. As manchas enigmáticas olláronse por primeira vez en Ceres co tamaño de Texas hai unhas poucas semanas durante o achegamento da Dawn. O intrigante misterio ben podería ser resolto axiña mentres a Dawn segue a avanzar cara Ceres, estando programado que entre en órbita o 6 de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente