Sábado 20 Abril 2024

Despega o foguete SpaceX Falcon 9

Créditos da imaxe e copyright: Tim Shortt, Florida Today
Créditos da imaxe e copyright: Tim Shortt, Florida Today

Explicación: os paxaros non voan a esa altura. Os avións non van tan rápido. A Estatua da Liberdade pesa menos. Ningunha especie que non sexa o home nin sequera pode comprender o que está subindo, nin podería ningún humano de hai un milenio. O lanzamento dun foguete ao espazo é un evento que inspira abraio e desafía a descrición. Nesta fotografía, un foguete SpaceX Falcon 9 V despegou ao través dun banco de nubes desde Cabo Canaveral (Florida) o pasado xullo para levar carga e repostos á Estación Espacial Internacional. Partindo do repouso, o foguete de máis de 300.000 quilogramos ergueu a súa cápsula Dragon ata orbitar a Terra, onde o aire exterior é demasiado fino para respirar. Os foguetes que chegan ao espazo despegan agora desde algures na Terra unha vez ao mes de media.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón