Desde o Templo do Sol ata o Templo da Lúa

Templo do Sol e Templo da Lúa no Parque Nacional Capitol Reef
Templo do Sol e Templo da Lúa no Parque Nacional Capitol Reef
Créditos da imaxe e copyright: Dave Lane.

Explicación: que conecta o Sol coa Lúa? Déronse moitas respostas ao través da historia, pero no caso da imaxe amosada hoxe, parece ser o plano da nosa Galaxia Vía Láctea. A panorámica de 16 fotografías tirouse no Parque Nacional Capitol Reef, Utah (EE.UU.) onde dous monolitos de arenisca, o Templo da Lúa, á esquerda, e o Templo do Sol á dereita, érguense espectacularmente desde o deserto. Cada monumento natural ten uns 100 metros de altura e sobrevive desde o periodo Xurásico hai 160 millóns de anos. Son incluso máis vellos ca moitas das estrelas e nebulosas que puntean o fondo celeste, incluíndo á Galaxia Andrómeda. Mañá a Terra conectarase co Sol maila Lúa polo camiño da súa sombra: unha eclipse lunar total poderá ollarse desde moitos lugares ao redor do globo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.