Venres 29 Marzo 2024

Derradeiro día da MESSENGER en Mercurio

Derradeiro día da MESSENGER en Mercurio
Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ. APL, Arizona State Univ., CIW.

Explicación: a sonda espacial MESSENGER, a primeira en orbitar Mercurio, botouse a descansar nesta rexión da superficie de Mercurio. A escena, construída a partires dos datos do altímetro láser e de imaxes da MESSENGER, mira ao norte sobre a crista norleste da conca Shakespeare, ampla e chea de lava. O gran cráter Janacek, de 48 quilómetros de ancho, está preto do bordo superior esquerdo. A altura do terreo está codificada en cor sendo as rexións vermellas uns 3 quilómetros máis altas cás azuis. A órbita final da MESSENGER foi predita para rematar preto do centro, coa nave espacial impactando na superficie a uns 4 quilómetros por segundo (unhas 87 000 millas por hora) e creando un cráter novo duns 16 metros (52 pés) de diámetro. O impacto no lado afastado de Mercurio non se ollou por telescopio, pero confirmouse en canto non se detectaron sinais desde a sonda espacial ao pasar o tempo para emerxer por tras do planeta. A nave espacial MErcury Surface, Space ENvironment, GEochemisty and Ranging (“exploradora de xeoquímica, contorno espacial e superficie de Mercurio”), lanzada en 2004, completou unhas 4.000 órbitas despois de chegar ao planeta máis interior do Sistema Solar en 2011.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:09

Comer peixe, na súa xusta medida

Do mercurio ao plástico, o seu consumo pode ser un asunto espiñoso á mesa. Lonxe das ideas feitas, recoméndase comelo varias veces á semana

Unha investigación galega constata que os altos niveis de selenio fan do atún un peixe saudable

Unha tese da USC revela que este elemento actúa como antagonista dos efectos adversos derivados do mercurio que conten o atún, tanto en fresco como en conserva

Atopan altos niveis de mercurio nos pingüíns da Antártida

Investigadores españois advirten da acumulación do metal tóxico nas plumas de tres especies desta ave e instan a analizar con detalle os niveis no continente

Unha tese da UVigo analiza os niveis de mercurio nos podzois

A científica Antía Gómez estudou o importante papel destes solos, propios de climas atlánticos e continentais, no ciclo terrestre do metal pesado