Demasiado preto a un burato negro

burato negro
Créditos da imaxe e copyright: Alain Riazuelo.

Explicación: que verías se foses directamente cara un burato negro? Móstrase unha imaxe producida por computadora que salienta o estrañas que parecerían as cousas. O burato negro ten unha gravidade tan potente que a luz se dobra aprezablemente cara el; provocando algunhas raras distorsións visuais. Cada estrela normal do recadro ten polo menos dúas imaxes brillantes; unha a cada beira do burato negro. Preto do burato negro, podes ollar o ceo completo; a luz procedente de cada dirección dóbrase ao redor e volve cara ti. O mapa orixinal do fondo tomouse da exploración do ceo en infravermellos 2MASS, con estrelas do catálogo Henry Draper superpostas. Pénsase que os  buratos negros son o estado máis denso da materia, e hai evidencias indirectas da súa presenza en sistemas estelares binarios e nos centros de cúmulos globulares, galaxias e cuásares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.