
Explicación: Que provoca esta estraña formación de rochas claras en Marte? Intrigados pola posibilidade de que sexan depósitos de sal que quedaron dun antigo lago desecado, os estudios polo miúdo destes dedos indican agora unha posibilidade máis mundana: cinza volcánica. O estudio da cor exacta da formación indicou a posible orixe volcánica. O material claro semella ter sido erosionado desde a area circundante, o que indicaría unha sustancia de densidade moi baixa. O forte contraste entre as rochas e a area do arredor débese á estrana escuridade da area. A imaxe publicada tomouse polo Thermal Emission Imaging System (ou Sistema de Fotografado de Emisión Térmica) a bordo da Mars Odyssey, a nave espacial que máis tempo leva en servizo e actualmente orbintando Marte. A imaxe abarca uns 10 quilómetros do interior dun cráter máis grande.