Dafne mailos aneis de Saturno

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute, Cassini
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute, Cassini
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute, Cassini
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute, Cassini

Explicación: que está a acontecerlle aos aneis de Saturno? Non moita cousa, só unha lúa pequena a facer ondas. A lúa de 8 quilómetros de tamaño é Daphnis e está a crear ondas na fenda de Keeler dos aneis de Saturno empregando só a gravidade; mentres emerxe e abaixa, dentro e fóra. A imaxe de hoxe é unha versión de amplo campo dunha fotografía publicada previamente tirada o mes pasado pola nave espacial Cassini durante unha das súas novas órbitas do Gran Final. Daphnis pode ollarse no extremo dereito, amosando cristas amoreadas procedentes probablemente das partículas do anel. Daphnis foi descuberta en imaxes da Cassini en 2005 e ergueu moreas de partículas do anel tan alto (durante o equinoccio de Saturno cando o plano de aneis apunta directamente ao Sol) que proxectaban sombras destacadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.