Martes 16 Abril 2024

Curiosity explora o monte Sharp

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS

Explicación: se estiveras en Marte, que ollarías? Se foses o todoterreo Curiosity, entón xusto durante o mes pasado terías contemplado a imaxe publicada; unha panorámica abraiante da parte inferior do monte Sharp. As cores foron axustadas para imitar a luz familiar aos terrícolas. Aquí explorouse unha chaira rochosa antes dos outeiros que ascenden de xeito ondulante. Os lombeiros redondeados á media distancia, chamados Sulfate Unit (Unidade Sulfato), son actualmente o destino máis elevado que ten programado o Curiosity. Unha razón pola que estes outeiros son interesantes está en que os sulfatos son unha fonte de enerxía para algúns microorganismos. Aínda que o camiño inmediato cara alí vai polo surleste, na parte esquerda da imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema