Cúmulo, galaxia e supernova

Créditos da imaxe e copyright: Paolo Demaria
Créditos da imaxe e copyright: Paolo Demaria
Créditos da imaxe e copyright: Paolo Demaria
Créditos da imaxe e copyright: Paolo Demaria

Explicación: Este campo de vista telescópico cheo de cor, unha instantánea cósmica do 19 de maio, abarca máis ou menos 1 grao ou 2 lúas cheas do ceo. As estrelas no primeiro plano da Vía Láctea, con puntas, espállanse cara a constelación real de Cepheus mentres que as estrelas do cúmulo aberto NGC 6939 xúntanse a uns 5 milleiros de anos luz de distancia preto da parte superior do cadro. A galaxia espiral NGC 6946 está cara a parte inferior esquerda a case 22 millóns de anos luz de distancia. As liñas vermellas axudan a identificar a supernova SN 2017eaw, recén descuberta, a explosión mortal dunha estrela masiva aniñada nos brazos espirais azulados da galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.