Venres 19 Abril 2024

Cúmulo de galaxias Abell 2666

Créditos da imaxe e copyright: Bernhard Hubl, CEDIC 2017
Créditos da imaxe e copyright: Bernhard Hubl, CEDIC 2017

Explicación: as galaxias de Abell 2666 están ben afastadas da Vía Láctea, a uns 340 millóns de anos luz de distancia cara a constelación de altos voos Pegasus. Enmarcado nesta imaxe telescópica definida, as fermosas galaxias do cúmulo aparecen reunidas por tras das estrelas esparexidas e con puntas da Vía Láctea. No centro do cúmulo está a xigante galaxia elíptica NGC 7768, a galaxia central que domina o cúmulo. Cando se forma o cúmulo, pénsase que esas galaxias masivas medran pola fusión de galaxias que caeron ao través do pozo gravitacional do centro do cúmulo. NGC 7768 probablemente alberga un burato negro supervasivo, algo típico das galaxias dominantes dun cúmulo. Á distancia estimada de Abell 2666, este recadro cósmico abarcaría uns 5 millóns de anos luz.

Rematamos a xira galega das charlas do APOD do último ano en Pontevedra e Santiago de Compostela.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang