Venres 19 Abril 2024

Así foi a eclipse de Sol coa que Galicia recibe a primavera

Os elementos aliñáronse para que a xornada fose perfecta: día festivo en Galicia, bo tempo en boa parte do oeste e centro da comunidade, unha eclipse case total de Sol que non volveremos ver até o 12 de agosto de 2026, unha situación privilexiada —a mellor da Península Ibérica para contemplar o fenómeno— e a chegada da primavera. Así que milleiros de galegos acudiron á cita e presenciaron este fenómeno, que non se daba de tal xeito por estas latitudes desde o 3 de outubro de 2005.
GCiencia estivo na praia do Vao, en Vigo, compartindo este momento máxico con centos de persoas que, con distintos enxeños, asistiron a este espectacular fenómeno. Estas son algunhas imaxes tomadas entre as 9:00 e as 11:00 horas de hoxe, cando se puido observar a eclipse en Galicia, co máximo ás 10:09.
[wzslider exclude=”12821″ autoplay=”true” interval=”5000″ height=”650″]

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204