Xoves 28 Marzo 2024

Coroa desde Svalbard

Tse_2015_Svalbard
Créditos da imaxe e copyright: Miloslav Druckmüller, Shadia Habbal, Peter Aniol, Pavel Starha.

Explicación: durante unha eclipse solar total, a enorme atmosfera máis externa do Sol, ou a coroa, é unha vista inspiradora. As correntes e rasgos relucentes que interactúan co ollo abarcan un rango de brillo de entre 10.000 a 1, facéndoos enormemente difíciles de captar nunha soa fotografía. Pero esta composición de 29 imaxes telescópicas cobre un rango amplo de tempos de exposición que desvelan a coroa do Sol en toda a súa gloria. Os fotogramas dixitais aliñados e amoreados foron gravados nos ceos fríos e claros sobre o arquipélago ártico de Svalbard (Noruega), durante a eclipse total de Sol do 20 de marzo e tamén amosa as prominencias solares que se estenden xusto máis alá do bordo do disco solar. É de destacar que incluso os detalles pequenos da parte escura en noite da Lúa nova poden albiscarse, alumeadas pola luz solar reflectida desde unha Lúa chea. Naturalmente, a fortuna será á inversa o 4 de abril, mentre unha Lúa chea se mergulle no interior da sombra dunha Terra nova, durante unha eclipse lunar total.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos