Venres 29 Marzo 2024

Claroscuro marciano

Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA
Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA

Explicación: as sombras fondas crean contrastes marcados entre a luz e a escuridade neste primeiro plano de alta resolución da superficie marciana. Gravado o 24 de xaneiro de 2014 pola cámara HiRISE a bordo da nave Mars Reconnaissance Orbiter (ou Orbitador de Recoñecemento de Marte), a escena abarca uns 1,5 quilómetros. Desde unha altura de 250 quilómeros sobre o planeta vermello a cámara mira un eido de dunas de area nun cráter das terras altas meridionais. Captada cando o Sol estaba uns 5 graos sobre o horizonte local, só as cristas dunares estaban alumeadas por completo. Un inverno longo e frío está a chegar ao hemisferio meridional e as cristas brillantes de xeada estacional perfilarán as dunas marcianas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón