Créditos da imaxe e copyright: Bertrand Kulik
Créditos da imaxe e copyright: Bertrand Kulik

Cirros sobre París

Créditos da imaxe e copyright: Bertrand Kulik
Créditos da imaxe e copyright: Bertrand Kulik

Explicación: que hai sobre París? Cirros. Normalmente, as nubes cirro semellan brancas ou grises cando reflicten a luz solar, puidendo semellar escuras no solpor (ou no mencer) contra un ceo mellor alumeado. Os cirros están entre os tipos de nubes máis altas e normalmente son delgadas abondo para ver as estrelas ao seu través. As nubes cirro pódense formar a partires da humidade liberada sobre as nubes de tormenta e por iso poden anunciar a chegada dun significativo cambio no tempo. Ao contrario, as nubes cirros tamén se poden ollar en Marte, Xúpiter, Saturno, Titán, Urano e Neptuno. A fotografía publicada foi tirada hai dous días desde unha fiestra do Distrito 15, París(Francia, a Terra). Por suposto, o obxecto alumeado brillantemente na parte inferior dereita é a Torre Eiffel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.